<cite>Revista de A Nosa Galiza</cite> (Xenebra, 1988) | Imaxe. Portada | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Portada

Revista de A Nosa Galiza (Xenebra, 1988)

00/03/1988
Este xornal aparece en 1973 cunha tirada inicial de 375 exemplares e os seus contidos en lingua galega. Foi creado pola Sociedade A Nosa Galiza, asociación étnica de emigrantes galegos residentes en Xenebra. A través das súas páxinas os socios e socias son debidamente informados sobre as actividades desenvolvidas pola entidade, xunto a outros temas de interese para a colectividade galega. Ao longo da súa historia sofre algúns cambios, e en marzo de 1988 reedítase e publica contidos literarios como relatos e poesías, ademais de obras inéditas da autoría de fieis colaboradores desta asociación galega en Suíza.
Tipo de material
Imaxe. Portada
Data
00/03/1988
Publicacións
Entidades
Edición: Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra
Localizacións
orixe: Xenebra, Suíza
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega