Material
Historias de ida e volta
Voceiros da colectividade galega na emigracion
Anduriña. Portavoz del Lar Gallego de Sevilla (1989)

Detalle
O órgano difusor da sociedade de emigrantes galegos Lar Gallego de Sevilla nace en 1959, baixo o título de Anduriña, e cesa co seu número de maio-xuño-xullo de 1962. Entendemos que a partir de entón a revista pasa a outra época, coa denominación que aparece na imaxe que expoñemos neste especial. Como a maioría das revistas societarias, a súa finalidade vén marcada pola necesidade de manter informados aos socios e socias sobre as distintas actividades desenvolvidas pola entidade (festivais musicais, concursos, obradoiros etc.). Por outra banda, a publicación achega aos seus lectores a cultura galega a través de páxinas literarias e artigos sobre lingua galega, gastronomía e historia dos lugares máis emblemáticos de Galicia. Tamén teñen lugar as notas de actualidade galega, entrevistas e reportaxes de diversa índole, sen descoidar o tratamento de aspectos da cultura tradicional sevillana.A continuidade da revista sufriu varias interrupcións, pero non decaeu e na actualidade segue activa. Pódense consultar os números publicados a partir de 2012 na seguinte ligazón: Anduriña. Portavoz del Lar Gallego de Sevilla