<cite>O Xistral. Voceiro do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo</cite> (2001) | Imaxe. Portada | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Portada

O Xistral. Voceiro do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo (2001)

00/00/2001
Continuación da revista Vagalume (1981), en 1987 este centro de emigrantes galegos residentes na vila de Barakaldo pasou a editar unha nova publicación baixo o nome de O Xistral. O seu obxectivo era informar sobre o centro: estado de contas, directiva, actividades (entre as que destaca a celebración da Semana das Letras Galegas e do Día de Euskadi) etc. Tamén inclúe numerosos artigos sobre diferentes ámbitos da cultura galega: lingua e literatura galegas na sección «Vendo e aprendendo: vocabulario castelán-galego», historia, cultura popular, reportaxes sobre vilas e lugares de Galicia, rutas turísticas… Complétase con novas de actualidade, colaboracións literarias e outras seccións de carácter máis xeral con informacións deportivas e sanitarias, páxinas de humor e pasatempos. Neste número que amosamos conmemoran o centenario da fundación da asociación. En 1989 o centro publica A Catrapola como voceiro dos intereses dos seus socios máis novos.
Tipo de material
Imaxe. Portada
Data
00/00/2001
Publicacións
Entidades
Edición: Centro Galego. Bizkaia en Barakaldo
Localizacións
orixe: Barakaldo, Bizkaia
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega