Introdución á Apredizaxe-Servizo | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Introdución á Apredizaxe-Servizo

Mar Lorenzo Moledo (autoría) · Miguel Santos Rego (autoría) · Alexandre Sotelino Losada (autoría)
Descrición A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é unha proposta educativa innovadora na que se combinan procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade, de xeito que os participantes se forman ao tempo que traballan sobre necesidades reais dunha contorna co propósito de mellorala. Neste vídeo didáctico (7´ 54´´) Miguel Anxo Santos Rego, Alexandre Sotelino Losada e Mar Lorenzo Moledo, membros do grupo de investigación Esculca, explícannos cales son os fundamentos e mais os indicadores de calidade desta metodoloxía pedagóxica. Así mesmo, tamén se ofrece a opinión do alumnado e das entidades participantes en experiencias de ApS.

Esta peza forma parte da serie didáctica "Pílulas de coñecemento", promovida pola Universidade de Santiago de Compostela.

Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
7 minutos e 54 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela