Estequiometría: cálculos en química | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Estequiometría: cálculos en química

Descrición A estequiometría é o cálculo das relacións cuantitativas entre os reactivos e produtos no transcurso dunha reacción química. Aínda que a definición teórica non semella moi transparente, neste vídeo didáctico (9´ 43´´) o profesor da USC Marcelino Maneiro, botando man dunha tortilla de patacas, axudarache a entendela. Tamén explica outros conceptos básicos relacionados coa estequiometría: reactivo limitante, mol, rendemento de reacción, conservación da materia, etc.

A peza forma parte dos materiais audiovisuais do curso aberto “Química. Unha ciencia experimental”.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
9 minutos e 43 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela
Etiquetas