Os endemismos | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Os endemismos

Noemí Díaz Vázquez (autoría) · Xacobo de Toro (autoría)
Descrición Cando dicimos que unha determinada especie é endémica dunha rexión, queremos dicir que só é posible atopala de forma natural nese preciso lugar. Neste vídeo didáctico (6´ 34´´) Xacobo de Toro e Noemí Díaz, docentes de Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario, explícannos polo miúdo que son os endemismos e amósannos algúns exemplos, tanto no ámbito galego como da Península Ibérica. Así mesmo, tamén descubrirás algúns exemplos de casos opostos ás especies endémicas: as cosmopolitas.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
6 minutos e 34 segundos
Etiquetas