Reciclaxe de documentos: un título de barbeiro sangrador | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Reciclaxe de documentos: un título de barbeiro sangrador

Descrición Vídeo divulgativo (2´ 22´´) no que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense nos fala da práctica frecuente da reutilización de documentos en pergamiño, grazas á cal conservamos actualmente documentos que, doutro xeito, case con toda probabilidade se terían perdido. Un exemplo desta práctica de reciclaxe documental é o título de barbeiro sangrador concedido a Juan de Castro a finais do século XVI, documento que nos permite achegarnos á técnica (supostamente terapéutica) da flebotomía e que conservamos actualmente porque, tras perder o seu valor xurídico, foi posteriormente reciclado e empregado en 1672 para encadernar unhas escrituras notariais.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 22 segundos
Entidades
Creación: Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Etiquetas