O Miño, un río de encontros | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

O Miño, un río de encontros

Descrición Ao longo de 76 quilómetros, na última parte do seu percorrido antes de chegar ao mar, o río Miño conforma unha “raia húmida” que exerce de fronteira entre Galicia e Portugal. Neste documental (21´ 39´´) amósannos que, lonxe de servir de elemento divisorio, esta “raia húmida” foi ao longo da historia a testemuña dun rico intercambio cultural, económico e lingüístico entre as dúas beiras do río.

A peza está producida por Pío García Audiovisuales e foi elaborada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
21 minutos e 39 segundos
Entidades
Creación: Pío García Audiovisuales
Etiquetas