Os maios | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Os maios

Descrición Os maios é unha festa tradicional galega, de orixe ancestral, coa que se lle dá a benvida á primavera, co ánimo de propiciar a obtención de boas colleitas. Claudia Fernández Losada e Eira Losada Fernández cóntannos neste vídeo (4´ 31´´) como se celebra a festa dos maios en Ourense e mais en Noia. No caso de Noia, trasládannos as vivencias de persoas maiores que festexaron os maios cando eran nenas/os, pois na actualidade esta tradición non conta co mesmo arraigo social que segue a ter en Ourense.

Este foi un dos traballos finalistas da primeira edición do certame “Vémolo Nós”, organizado pola USC en 2023, na categoría “Divulgación do coñecemento”.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
4 minutos e 31 segundos