Seis mitos sobre a Idade Media que todo o mundo cre | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Seis mitos sobre a Idade Media que todo o mundo cre

Descrición A historiadora Stephanie Honchell Smith fálanos neste vídeo de TED (4´ 48´´) da Idade Media europea e desmente seis mitos sobre esa época histórica. Eran os habitantes desta época tan incultos como se adoita crer? Foi aquela unha época onde primaba a superstición e a irracionalidade? Comían carne podre? Será certo que apenas se lavaban? Eran tan sanguinarios como para practicar aqueles métodos de tortura espantosos? Os cintos de castidade serían reais? Stephanie Honchell dános todas as respostas.

Tradución ao galego de Laura Nogueira Gómez.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
4 minutos e 48 segundos
Etiquetas