As ciencias naturais no Seminario | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

As ciencias naturais no Seminario

Descrición O Seminario de Estudos Galegos dedicouse nun primeiro momento case exclusivamente ao estudo das diferentes ciencias humanísticas, pero moi pronto, entre 1925 e 1926, créase a sección de “Cencias Naturás” na que traballan importantes nomes da ciencia galega como Luís Iglesias, Isidro Parga Pondal ou Cruz Gallástegui. Neste vídeo divulgativo (2´ 19´´) preséntanse os principais proxectos e traballos desenvolvidos no seo desta sección.

A peza forma parte da serie de vídeos conmemorativos coa que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir a historia, e o patrimonio documental e artístico do SEG.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 19 segundos
Entidades
Creación: Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento / Centro Superior de Investigacións Científicas
Etiquetas