Galicia Sporting Club, Nova York, 1926 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Galicia Sporting Club, Nova York, 1926

00/00/1922
Este equipo deportivo formado, na súa maioría, por xogadores galegos radicados en Nova York era moi popular. Foron campións da Liga Hispano-Americana de Nova York e conquistaron a copa Ever-Last en 1926. Neste último torneo interviñeron 65 clubs e era un dos máis prezados que se disputaban na metrópole neoiorquina. O «Galicia», como era coñecido entre a colectividade, acadou gran relevancia entre a numerosa cantidade de participantes. Na imaxe poden observarse os membros do equipo galego posando cos trofeos conseguidos.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1922
Localizacións
orixe: Nova York, Estados Unidos
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Revista Céltiga, 25 de agosto de 1926.