Material
Historias de ida e volta
A emigración galega nos Estados Unidos
«Reinado de la Simpatía» Nova York, 1946
Detalle
No ano 1924 o xornal New York Times describía nunha das súas columnas varias características da colectividade española residente na cidade, destacando o papel das distintas sociedades de emigrantes en función da súa procedencia e resaltando que cada grupo tiña o seu propio centro, onde se organizaban comidas tradicionais, bailes e representacións teatrais. Un dos eventos máis esperados polos socios e socias da Casa de Galicia de Unidad Gallega sempre foi a elección da Raíña das Flores e as súas damas de honor. As tres mozas elixidas representaban a «glorificación» da xuventude feminina na colonia galega residente en Nova York.Esta imaxe representa o que sería a coroación da Raíña da Simpatía, certame que adoitaba realizarse no mes de maio. Tratábase dun dos acontecementos sociais máis importantes do ano. Nesta imaxe atopamos a rapaza elixida, Olga Álvarez, coas nenas Moscoso e Anduriña Casar. Curiosamente, esta fotografía está dedicada á filla de Xesús Canabal.


