Material
Historias de ida e volta
A emigración galega nos Estados Unidos
Desfile do Día da Hispanidade polas rúas de Nova York, 12 de outubro de 1958
Detalle
Os socios e socias da Casa de Galicia de Unidad Gallega participan todos os anos na celebración do Día da Hispanidade, en conmemoración do descubrimento de América. Representan a todos os emigrantes galegos e van vestidos cos seus traxes tradicionais con grupos de bailaríns, gaitas e números da rondalla. Segundo as páxinas do Libro-Memoria que a Casa de Galicia publica anualmente para informar das súas actividades, este desfile sempre ten un grande éxito: «[E]s uno de los grupos que más llamó la atención en el desfile, dándole colorido y alegría, conquistando los aplausos del público». Reivindícase así a identidade cultural propia nunha sociedade tan diversa etnicamente e que avoga pola aculturación.Nesta fotografía os e as socias desfilan baixo a chuvia cunha pancarta co nome de Galicia en primeiro termo, amosando o orgullo pola súa patria natal. Os emigrantes están cun pé aquí e outro aló, estrañando a súa terra natal idealizada e facendo todo o posible por integrarse nunha sociedade allea aos seus costumes, a súa lingua, a súa comida, a súa memoria e identidade...


