Traballadores galegos na construción, Edison Portland Cement Co., Nova York, 1910 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
A emigración galega nos Estados Unidos

Traballadores galegos na construción, Edison Portland Cement Co., Nova York, 1910

Image 1
Detalle
Thomas A. Edison foi unha peza clave na transformación das concepcións da enxeñaría e mecánica da construción civil, e un dos inventores máis importantes e prolíficos dos Estados Unidos. En 1908 inventou as casas prefabricadas e mellorou o cemento, promovendo o seu uso. En 1899 fundou a coñecida como Edison Portland Cement Company. Nesta empresa participou un grupo de emigrantes galegos, tal como ilustra a imaxe, que dá conta dos seus inicios como traballadores no sector da construción. Descoñecemos se estes obreiros participaron nas campañas de sindicalización, tal como facían os inmigrantes mexicanos que traballaban en Chicago na industria do xeo.
Metadatos
  • Data: 00/00/1910
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Vida Gallega, 1910
  • Localizacións:
    orixe: Nova York, Estados Unidos;