Anuncio na prensa dun negocio de emigrantes galegos no distrito de Nova Jersey, <cite>ca.</cite>1990 / Imaxe. Anuncio. Fragmento de publicación impresa/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
A emigración galega nos Estados Unidos

Anuncio na prensa dun negocio de emigrantes galegos no distrito de Nova Jersey, ca.1990

Image 1
Detalle
Na primeira metade do século XX os galegos dedicábanse basicamente a actividades propias do sector servizos, en labores nos barcos e portos ou na construción, tanto de obras públicas (estradas, aeroportos, edificios públicos...), nun momento de crecemento das cidades americanas, como de edificación de casas de particulares e mantemento. Outras vías laborais estiveron na hostalaría (camareiros, cociñeiros, lavalouzas...), nas fábricas e industrias como obreiros de baixa cualificación, no ramo do tabaco...; en definitiva, nos sectores económicos de máis baixa cualificación. As mulleres emigrantes centráronse no servizo doméstico, no sector téxtil ou como limpadoras nos hospitais ou edificios públicos. Na segunda metade do século percíbese unha maior presenza de técnicos profesionais e industriais. Este cambio dáse tanto pola iniciativa e maior formación dos e das emigrantes como pola integración e maior nivel educativo das segundas xeracións. Os fillos e fillas de emigrantes, nacidos no país e con plenos dereitos, séntense americanos e optan aos mesmos estudos e profesións que os seus compatriotas.
A construción foi unha das principais saídas laborais dos emigrantes galegos asentados en Newark e Nova York. É importante destacar como o traballo duro e a propia iniciativa converte moitos destes emigrantes de asalariados en propietarios de pequenos negocios, polo que as súas condicións económicas melloran e pasan a ser membros de pleno dereito da clase media americana.
Metadatos
  • Tipo de material: Imaxe. Anuncio. Fragmento de publicación impresa
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
  • Localizacións:
    orixe: Newark, Nova Jersey, Estados Unidos ;