A identidade propia dos galegos e galegas residentes en California | Imaxe. Cabeceira. Fragmento de publicación impresa | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cabeceira. Fragmento de publicación impresa

A identidade propia dos galegos e galegas residentes en California

California foi outro lugar de asentamento dos nosos emigrantes, sobre todo nas principais cidades, como Los Ángeles. Alí creouse nos anos 80 o Círculo Español de Orange County, unha asociación de emigrantes con finalidades recreativas e culturais. O 27 de outubro de 1989, moitos dos asociados de orixe galega xuntáronse na Peña Galicia para defenderen a súa propia identidade cultural, aínda que continuaron vinculados coa sociedade matriz. Nos seus estatutos aparecen ben especificados os seus obxectivos, que van dende promover e fomentar a amizade e convivencia dos galegos e as súas familias ata manter viva a súa identidade cultural mediante todos os medios ao seu alcance coa organización de actividades «típicas gallegas folclóricas, y recreativas con la participación de todos los socios».
Así, organizan bailes, comidas, ciclos de conferencias, concursos literarios sobre a cultura celta, cursos de baile e música galegos... para manter esa unión. Entre todas as actividades destaca a celebración do Día de Galicia. Nestas reunións ten moito éxito a actuación da súa banda de gaitas, Anduriña Xove, integrada polos socios e socias. Dende 1991 publica como voceiro societario –e con grande aceptación entre a colectividade emigrada– a revista Anduriña. Portavoz da Peña de Galicia del CEOC-California.
Tipo de material
Imaxe. Cabeceira. Fragmento de publicación impresa
Publicacións
Entidades
Edición: Peña de Galicia del C.E.O.C. California
Localizacións
orixe: California, Estados Unidos
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega