Sede social da Casa de Santa Marta de Ortigueira en Miami, <cite>ca.</cite> 2000 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
A emigración galega nos Estados Unidos

Sede social da Casa de Santa Marta de Ortigueira en Miami, ca. 2000

Image 1
Detalle
A maioría dos e das emigrantes galegas residentes no estado de Florida iniciaron o seu proceso migratorio na illa de Cuba. Tras o triunfo da revolución castrista, moitos cubanos e cubanas fuxiron de Cuba e asentáronse neste estado, nomeadamente en Miami. Entre esta numerosa colonia de exiliados había moitos galegos ou de orixe galega.
A Casa de Santa Marta de Ortigueira de Miami foi fundada o 30 de xaneiro de 1972 por un grupo de galegos ou descendentes deste concello coruñés liderados por Antonio Couzo García. Este emigrante fora un dos fundadores da sociedade habaneira Naturales de Ortigueira, creada en 1928 e que aínda hoxe continúa existindo. No seu exilio en Miami decide reproducir esta asociación e os seus valores no seu novo país de acollida. Este centro recreativo, cultural e de beneficencia para os e as asociados foi progresando cos anos e hoxe en día está considerado como a asociación étnica máis importante do sur do estado de Florida. Un dos seus logros máis salientables é a propiedade dunha sede social. Os asociados e as súas familias reúnense habitualmente neste edificio, situado no barrio de North River Drive. Dispón de amplas e modernas instalacións para a organización de eventos festivos, como banquetes e bailes sociais, romarías campestres..., onde se recrean as festas e comidas típicas galegas amenizadas polo seu grupo coral, Aires da Terra. É moi recoñecido o seu restaurante, no que se pode degustar cociña galega e cubana.
Metadatos
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
  • Entidades:
    Mención:Casa de Santa Marta de Ortigueira. Miami
  • Localizacións:
    orixe: Miami, Florida, Estados Unidos;