A importancia da química na loita contra a Covid-19 | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A importancia da química na loita contra a Covid-19

Descrición Marisa Juanes Carrasco, doutora en Ciencia e Tecnoloxía Química pola Universidade de Santiago de Compostela, cóntanos nesta charla (22´ 07´´) como a química é unha ciencia decisiva no ámbito médico. Concretamente, explícanos como as vacinas de ARN mensaxeiro axudaron a combater a pandemia da Covid-19.

Esta charla tivo lugar no marco de A luz da ciencia. Dolmen de Dombate. Aulas científicas 2021, unha iniciativa dirixida por Jorge Mira e organizada pola Deputación da Coruña e mais o Concello de Cabana de Bergantiños.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
22 minutos e 7 segundos
Entidades
Creación: Deputación da Coruña
Creación: Concello de Cabana de Bergantiños
Etiquetas