Cabeceira da revista <cite>Nós</cite>, voceiro da sociedade Xuntanza Nazonalista d’Habana, 1921 / Imaxe. Cabeceira. Fragmento de publicación impresa/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
O galeguismo en América

Cabeceira da revista Nós, voceiro da sociedade Xuntanza Nazonalista d’Habana, 1921

Image 1
Detalle
A Xuntanza Nazonalista d’Habana foi creada o 20 de xuño de 1920 por Fuco Gómez, Andrés Rodríguez Orjales, Sinesio Fraga, Tomás Rodríguez Sabio e César Parapar Sueiras, entre outros, todos eles recoñecidos nacionalistas. Na súa declaración de intencións manifestan o obxectivo de seren un «catalizador» no proceso de galeguización das «numerosas sociedades feitas pol-os galegos do desterro, facendo que as que sosteñen escolas, den ós escolantes unha instrucción máis ampla e galeguista», para combater toda clase de prexuízos contra os galegos emigrados «por medio da súa Seución de Cultura e Fala, contestará […] todos cantos traballos sexan pubricados en xornaes e revistas onde se denigre o santo nome de Galicia e as virtudes dos galegos». O seu lema social foi «todo por Galicia e para Galicia». Axiña pasan a defender posturas máis arredistas e a reivindicar a autonomía plena para Galicia —chegan a predicar a independencia— e a instauración da lingua e da cultura galegas nas institucións; tamén avogan por realizar labores de propaganda e de acción política e incluso defenden un ideario feminista por entender que a muller en Galicia debe ter máis dereitos que os que as leis lles conceden.
Para difundir os seus ideais en 1921 publican a revista Nós como o seu órgano xornalístico. Escrita en galego, trátase dunha publicación política que informa das actividades do movemento nacionalista en Galicia e Cuba e fomenta as ideas galeguistas na illa. Tamén ten unha finalidade cultural, coa publicación de artigos sobre a literatura e a lingua galegas.
Metadatos
  • Data: 00/00/1921
  • Tipo de material: Imaxe. Cabeceira. Fragmento de publicación impresa
  • Publicacións: descrición de Nós;
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
  • Entidades:
    Mención:Xuntanza Nazonalista Galega d´Habana
  • Localizacións:
    orixe: A Habana, Cuba;