O galeguismo cultural en Montevideo: o xornal <cite>Arazúa, boletín de la Asociación Protectora de la Cultura Gallega</cite>, 1929 / Imaxe. Fragmento de publicación impresa/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
O galeguismo en América

O galeguismo cultural en Montevideo: o xornal Arazúa, boletín de la Asociación Protectora de la Cultura Gallega, 1929

Image 1
Detalle
Esta asociación cultural foi creada por un grupo de galeguistas residentes no Uruguai, entre os que estaban Julio Sigüenza, Jaime L. Lorenza, Constantino Sánchez Mosquera, Miguel Barros, Casiano Estévez ou Juan José San Román. Seguidores do labor realizado polo Seminario de Estudos Galegos e pola Real Academia Galega, difunden a súa obra tanto en Galicia como en América e envían numerosas doazóns para o seu sostemento e para a súa acción cultural na terra nai. O Centro Galego, a institución máis importante no seo da colectividade en Montevideo, apoiou a súa creación en 1928. Defendía un galeguismo cultural cuxa finalidade principal era acadar fondos para investir no progreso de Galicia: só a través do coñecemento e defensa da cultura propia, os galegos poderían conseguir o seu desenvolvemento económico e político.
En 1929 comeza a editar como voceiro societario este boletín, que ten unha clara orientación galeguista, sobre todo na sección “Farrapos”, asinada por Sánchez Mosquera. Segundo o editorial deste primeiro número, a publicación debía servir para «despertar entre los gallegos residentes en el Uruguay la creencia y la fe en el renacimiento cultural de su pueblo […] prestándole su concurso moral y material». Nas súas páxinas abundan os artigos sobre Galicia e a súa literatura, historia, arte, arqueoloxía etc., e aparecen descricións das actividades realizadas a prol da nosa terra en Montevideo, Cuba ou Galicia. No marco do seu labor reivindicativo da identidade cultural, reproduce manifestos nacionalistas e diversas colaboracións de autores galegos e uruguaios.
Metadatos