<cite>O Irmandino. Periódico Galego, órgao da Irmandade Galeguista d’o Uruguai</cite>, (Montevideo, 1934-1936) / Documento. Fragmento de publicación impresa/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
O galeguismo en América

O Irmandino. Periódico Galego, órgao da Irmandade Galeguista d’o Uruguai, (Montevideo, 1934-1936)

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Detalle
Esta asociación «xurdiu a vida aitiva da coleitividade para espertar na conciencia de todol-os galegos a noción da personalidade de Galiza, como unidade natural de raza, linguaxe, hestoria, xeografía e esprito propios». Foi creada en 1934 por Manuel Meilán, Antón Crestar, Pedro Fernández Veiga, Juan José San Román e outros galeguistas que desenvolvían unha intensa actividade a prol da autonomía de Galicia e do ideario nacionalista dende un punto de vista cultural. Esta sociedade foi considerada como unha sección uruguaia dentro do Partido Galeguista.
O mesmo ano da súa fundación publica o xornal O Irmandino como o seu órgano de expresión. A cabeceira é unha homenaxe á revolta irmandiña do século XV. Escrito en galego, nas súas páxinas podemos ler artigos dos principais líderes do Partido Galeguista e doutros persoeiros, nunha clara ortodoxia nacionalista —a economía galega de Bóveda, a reivindicación de figuras senlleiras como Pondal ou Pardo de Cela, a defensa da escola galega…—, ademais de reproducións de textos literarios. Outros artigos fan referencia ás actividades desenvolvidas pola Irmandade, como conferencias, visitantes, notas biográficas etc.
O xornal ten dúas épocas de publicación cun lapso de vinte e catro anos entre ambas: de 1934 a 1936 e de 1958 a 1961.
Metadatos