A variación do perfil de ácidos graxos no leite de bovino | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A variación do perfil de ácidos graxos no leite de bovino

Descrición Numerosos estudos afirman que as graxas saturadas son moi nocivas para a saúde das persoas e, pola contra, as insaturadas son saudables. Partindo desta premisa, tanto a industria láctea coma os propios consumidores están cada vez máis interesados en coñecer a composición de ácidos graxos do leite. Ruth Rodríguez Bermúdez fálanos nesta charla (9´ 56´´) da variación do perfil de ácidos graxos no leite de bovino nas explotacións galegas en función dos seguintes factores: a alimentación que reciben os animais, o número de parto no que se atopan, o momento da lactación e a estación do ano.

A charla tivo lugar no marco do DivulgaTerra 2020.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
9 minutos e 56 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela