Material
Proxector
A física de partículas no século XXI
Descrición
Charla didáctica (58´) na que Diego Martínez Santos, investigador da Axencia Galega de Innovación, nos ofrece unha introdución á física de partículas, facendo tamén alusión ás limitacións e desafíos que esta área da ciencia ten na actualidade. A exposición estrutúrase en catro partes: na primeira, fálanos dos cambios fundamentais que experimentou a física a comezos do século XX; na segunda, explícanos que partículas coñecemos na actualizade e como funcionan os aceleradores e detectores de partículas; na terceira, preséntanos o CERN (o Consello Europeo para Investigación Nuclear); e para rematar, cóntanos que é o Higgs e como se descubriu.A charla, dirixida principalmente a alumnado de educación secundaria, foi emitida en directo o 3 de novembro de 2023 con motivo do XIV Día da Ciencia en Galego, conmemoración promovida por Igaciencia.


