Francisca Herrera, a gran figura feminista da revista Nós | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Francisca Herrera, a gran figura feminista da revista Nós

Descrición Segundo capítulo (14´ 09´´) da serie audiovisual #Nosoutras, as mulleres da revista Nós, producida por Nós Televisión e presentada por Eira Losada. Nesta segunda entrega terás a oportunidade de achegarte á biografía de Francisca Herrera e ao seu relevante papel na revista Nós, na que publicou un ensaio, un relato e un poema, ademais de aparecer as súas obras tamén referenciadas nesta publicación.

A investigadora Carmen Blanco; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; o historiador Afonso Vázquez-Monxardín e a secretaria da Fundación Castelao, Patricia Arias Chachero axudan a trazar a figura desta coruñesa que se converteu na primeira muller en escribir unha novela en galego (Néveda) e en ser escollida académica na Real Academia Galega.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
14 minutos e 9 segundos
Entidades
Creación: Nós Televisión
Etiquetas