Material
Proxector
Os retos da medicina personalizada
Descrición
O doutor Ángel Carracedo, coordinador do Grupo de Medicina Xenómica da USC, cóntanos nesta charla (31´ 08´´) como no eido da Xenómica se sabe desde hai tempo que determinadas variantes no xenoma condicionan a eficacia dos fármacos e mais as reaccións adversas que estes poden xerar. Na actualidade, a “medicina personalizada” tenta ir un paso máis alá para, partindo de toda a información que temos dun determinado paciente (non só a información xenética, senón tamén a epixenética, a proteómica, a radiolóxica, a bioquímica…), poder predicir de forma precisa a súa resposta a un determinado fármaco. Na exposición do doutor Carracedo atoparás todas as claves para entender este novo concepto médico.A charla tivo lugar no marco do programa Naukas Coruña 2019, que organizan os Museos Científicos Coruñeses.


