Galeguistas organizadas. Micaela Chao Maciñeira | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Galeguistas organizadas. Micaela Chao Maciñeira

Descrición Primeiro capítulo (21´ 41´´) da serie documental Irmás na Fala, elaborada para divulgar a memoria das mulleres que formaron parte das Irmandades da Fala. Esta primeira entrega está dedicada á “irmá pioneira”: Micaela Chao Maciñeira (1892-1928). Foi a única muller presente no acto fundacional das Irmandades e mais na expedición galeguista a Barcelona de 1917, e tamén foi a principal promotora da Sección Feminina da Irmandade da Coruña. Así mesmo, participou de xeito decisivo na posta en marcha do Conservatorio Nazonal da Arte Galega.

A serie Irmás na Fala está producida pola Real Academia Galega e realizada por Nós Televisión, co apoio do Concello da Coruña.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
21 minutos e 41 segundos
Entidades
Creación: Real Academia Galega
Creación: Nós Televisión
Etiquetas