Premio ao esforzo: diploma do Plantel Concepción Arenal, A Habana, curso 1932-33 | Imaxe. Título académico | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Título académico

Premio ao esforzo: diploma do Plantel Concepción Arenal, A Habana, curso 1932-33

30/06/1933
Ao rematar o curso escolar, o Plantel celebraba un festival en que se entregaba ás alumnas e alumnos o diploma conforme adquiriran os coñecementos necesarios para superar o curso. Na imaxe podemos ver a acreditación da alumna Margarita Senra, coa cualificación de sobresaínte no seus estudos de taquigrafía, o que lle permitiría obter un posto laboral nunha empresa ou negocio.
É interesante coñecer que a formación educativa deste centro era recoñecida a nivel oficial polo ministerio correspondente do Goberno cubano.
Tipo de material
Imaxe. Título académico
Data
30/06/1933
Entidades
Mención: Centro Galego. A Habana
Localizacións
orixe: A Habana, Cuba
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega