Clase de mecanografía no Plantel Concepción Arenal, A Habana, <cite>ca</cite>. 1950 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Clase de mecanografía no Plantel Concepción Arenal, A Habana, ca. 1950

O desexo dos e das emigrantes galegas por mellorar a súa formación foi unha constante na colectividade de alén mar. Pese á loita das sociedades instrutivas que tantos esforzos fixeron no primeiro terzo do século XX para fundar centros escolares en Galicia e paliar os altos niveis de analfabetismo que existían nas vilas galegas da época, moitos dos emigrantes chegaban aos países de acollida con escasa cualificación. Despois dunha dura xornada laboral, asistían a estas clases de formación profesional organizadas en horario nocturno no Plantel do Centro Galego para poder acceder a traballos máis especializados que lles posibilitarían ascender socialmente e gozar dunha mellor posición económica. Alí recibían cursos de mecanografía e taquigrafía, aritmética, contabilidade, cálculo mercantil, xeografía e historia comercial, álxebra, prácticas de oficina, caligrafía e ortografía ou inglés, entre outras materias. As clases nocturnas eran mixtas e contaban con todos os medios metodolóxicos e técnicos para obter un título que acreditase a súa formación nas empresas e negocios nos que querían traballar.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Entidades
Mención: Centro Galego. A Habana
Localizacións
orixe: A Habana, Cuba
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega