Autobús do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1954 | Imaxe. Fragmento de publicación impresa | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fragmento de publicación impresa

Autobús do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1954

00/00/1954
A Sección de Instrución e Cultura do Centro Galego ocupábase de que o alumnado do centro escolar obtivese a mellor e máis moderna formación académica posible facilitando todo o mobiliario e material pedagóxico necesarios para obter os mellores resultados. Tamén poñía á disposición do alumnado medios de transporte para poder acceder ao colexio. Así aparece reflectido na memoria escolar do curso 1954-1955, na que se congratulaba de ter «un magnífico e insuperable servicio de ómnibus nuevos para la mayor comodidad en el transporte de sus alumnos». Este servizo tamén era empregado nas numerosas excursións educativas e festivas que se organizaban durante o curso escolar.
Tipo de material
Imaxe. Fragmento de publicación impresa
Data
00/00/1954
Entidades
Mención: Centro Galego. A Habana
Localizacións
orixe: A Habana, Cuba
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega