Material
Historias de ida e volta
A pegada educativa da emigración galega en América
Grupo de alumnos e alumnas da Escuela Galicia, Montevideo, 1962

Detalle
Vemos na imaxe un grupo do alumnado máis pequeno desta escola no seu acto de inauguración. Nenos e nenas co seu uniforme portan a bandeira de Galicia. É curiosa a anécdota de que nos actos públicos o estudantado cantaba o himno galego xunto co do Uruguai. Como non era un himno oficial, o consello escolar, do que formaban parte Antón Crestar, Xesús Canabal e Pepe Fernández, buscou a maneira de manter este costume: anunciábase como a interpretación da Canción dos piñeiros e así todo o público asistente honraba a Galicia e a súa cultura. Todos os galeguistas e persoeiros que visitaban a cidade eran convidados a visitar o centro educativo como un símbolo máis da pegada da galeguidade no país. E durante moitos anos os galegos e galegas do Uruguai apoiaron economicamente este centro educativo.Hoxe en día continúa a funcionar como colexio para os nenos e nenas uruguaias, aínda que noutro edificio.