Material
Historias de ida e volta
A pegada educativa da emigración galega en América
Aula de cuarto grao de educación primaria da Unidad Educativa Colegio Castelao, Caracas, 2008

Detalle
Nun principio, as actividades académicas iniciáronse sen unha sede propia, e impartíanse clases desde educación infantil, coñecida popularmente como «Kinder», ata os primeiros cursos de educación primaria. Pouco a pouco foise ampliando a cobertura educativa e a partir do curso 1987-1988 acada a etapa de bacharelato. En 1999-2000 o Colegio Castelao estrea nova sede nas instalacións da propia Hermandad Gallega de Venezuela, e nese ano académico conta cunha poboación escolar de máis de catrocentos alumnos. Hoxe esta institución educativa leva 58 anos de andaina e está perfectamente consolidada como tal, cun prestixio crecente na comunidade de acollida.Na imaxe aparece a profesora Meilán, que tivo unha longa traxectoria como docente do alumnado de primaria. O seu pai, Eduardo Meilán, foi un dos galegos que participaron activamente na iniciativa de creación do Colegio Castelao, do que foi profesor de cultura galega e tamén presidente da Hermandad Gallega en varias ocasións.