«Somos Castelao, somos Hermandad». Alumnado formando fila para entrar ás aulas do Colegio Castelao, Caracas, 2008 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

«Somos Castelao, somos Hermandad». Alumnado formando fila para entrar ás aulas do Colegio Castelao, Caracas, 2008

00/00/2008
Un dos obxectivos principais da Unidad Educativa Colegio Castelao é o de brindar unha educación integral e de calidade aos fillos e fillas dos socios, como forma de apoiar as familias, nun contexto en que se difundan e defendan a lingua e a cultura galegas, ademais de ofrecer un coñecemento profundo dos valores, a cultura e as tradicións de Venezuela.
Esta institución proxecta, mediante o seu exitoso funcionamento, os obxectivos perseguidos desde a súa creación: «Educar, promover, investigar y ejecutar la pedagogía de los saberes en los valores, impartiendo la ciencia, la moral y lo humanístico en niñas, niños, adolescentes y jóvenes […] con una filosofía centrada en una educación moderna».
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/2008
Entidades
Mención: Hermandad Gallega de Venezuela
Localizacións
orixe: Caracas, Venezuela
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega