Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol, Bos Aires | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol, Bos Aires

O 18 de decembro de 1996 constituíuse o Padroado da Fundación Galicia-América, creada grazas á achega do Centro Galicia de Bos Aires e o apoio material da Xunta de Galicia. A súa principal finalidade é a administración e guía do Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol. Este proxecto educativo supuxo o afianzamento dos valores que leva consigo a galeguidade, a través dos e das descendentes de emigrantes galegos residentes en Bos Aires. Os obxectivos do Instituto son o fomento do ensino en todos os niveis educativos e a consecución do seu ideario, centrado en «propagar y sostener una educación basada en los principios biculturales argentino-gallegos», a través do coñecemento dos valores culturais do pobo galego, así como da súa lingua, historia e tradicións culturais.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Entidades
Mención: Centro Galicia. Bos Aires
Localizacións
orixe: Bos Aires, Arxentina
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega