A complexidade escondida no miúdo | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A complexidade escondida no miúdo

Descrición Mónica Cartelle Gestal, profesora na Universidade de Louisiana e membro da Sociedade Americana de Microbioloxía, fálanos nesta charla (55´ 47´´) da complexidade dos microorganismos e da súa potencialidade para causar infeccións. Apoiándose na súa propia experiencia como investigadora, explícanos todo o que aprendeu no eido da resistencia antimicrobiana e do tratamento de enfermidades infecciosas, coma a tose ferina.

A charla, dirixida principalmente a alumnado de educación secundaria, foi emitida en directo o 24 de novembro de 2023 con motivo do XIV Día da Ciencia en Galego, conmemoración promovida por Igaciencia.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
55 minutos e 47 segundos
Entidades
Creación: Institución Galega da Ciencia (Igaciencia)
Etiquetas