A fotografía no Seminario | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A fotografía no Seminario

Descrición En 1926 créase no seo do Seminario de Estudos Galegos (SEG) un novo “Arquivo gráfico” ou Sección de Catalogación Iconográfica, que empeza a funcionar baixo a dirección de Constantino Candeira, co propósito de elaborar a “Catalogación iconográfica de Galicia”. Neste vídeo divulgativo (2´ 10´´) explícannos a grande importancia que os elementos gráficos (ilustracións e fotografías) tiñan nas campañas de investigación do SEG.

A peza forma parte da serie de vídeos conmemorativos coa que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir a historia, e o patrimonio documental e artístico do SEG.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 10 segundos
Entidades
Creación: Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento / Centro Superior de Investigacións Científicas
Etiquetas