<cite>Nas ás do canto</cite> 02: Soedades / Audio. Voz. Canto/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Centenario de Manuel Murguía

Material

Centenario de Manuel Murguía

Nas ás do canto 02: Soedades

Detalle
Letra

Airiños, airiños, aires
Airiños da miña terra;
Airiños, airiños, aires
Airiños levaime a ela.
Airiños, airiños, aires.

Anduriñas, anduriñas
Qu’añidades no lugare,
As doentes ansias miñas
N’as vosas alas levade.
Anduriñas, anduriñas.

Estreliña, miña estrela
Que conoces meus pesares
Quando ch’o pregunte ela
Dille as miñas soedades
Estreliña, miña estrela.



Letra: Non se indica, probablemtente popular e de Fanny Garrido. Música: Marcial del Adalid.



Voz: Anna Mélikhova
Piano: Martín Chaves Fraga
Gravación: Pablo Barreiro


Os textos reproducidos só unificaron, conforme á actual normativa da RAG, os pares b/v e i/y. En canto á acentuación respectouse a orixinal tendo en conta a musicalidade
Descrición
Airiños, airiños, aires
Airiños da miña terra;
Airiños, airiños, aires
Airiños levaime a ela.
Metadatos
  • composición musical:
  • Data: 14/12/2023
  • Tipo de material: Audio. Voz. Canto