Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?

María Piñeiro (autoría) · Miguel Sardo (autoría)
Descrición A diferenza de potencial eléctrico que pode existir entre a parte alta das nubes e o chan acaba provocando descargas de alta intensidade moi perigosas, que percibimos a través dun lóstrego e mais dun trono. Saberías onde refuxiarte nesta situación? Neste vídeo divulgativo (4´ 38´´) Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo na Universidade de Santiago de Compostela, fálanos deste fenómeno, explícanos como funciona un pararraios e resolve a dúbida sobre se un raio pode caer dúas veces no mesmo sitio.

Esta peza, elaborada por María Piñeiro e Miguel Sardo, forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
4 minutos e 38 segundos
Entidades
Creación: Gciencia
Etiquetas