Os espectáculos na antiga Roma / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector

Os espectáculos na antiga Roma

Descrición
Neste vídeo didáctico (26´ 37´´) Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, explícache como funcionaba o negocio dos espectáculos na antiga Roma. Coñecerás cales eran as principais características arquitectónicas dos edificios nos que se organizaban (anfiteatros, circos e teatros), así como a diversidade de espectáculos que tiñan lugar en cada un deles: loitas de gladiadores, cazas de feras, loita entre feras ou batallas navais nos anfiteatros; exhibicións ecuestres, carreiras pedestres e carreiras de carros de cabalos no circo; e representación teatrais nos teatros).

A peza está dirixida a alumnado de 1º curso da ESO.
Metadatos
  • autoría:
  • Tipo de material: Vídeo. Remoto. Youtube
  • Medidas: 26 minutos e 37 segundos
  • Etiquetas:
  • Entidades:
    Creación:IES Lucus Augusti