F de Fala: as palabras que nos sosteñen | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

F de Fala: as palabras que nos sosteñen

Laura Filloy (autoría) · Elena Martín (autoría)
Descrición En termos xerais, podemos dicir que o galego é o resultado da evolución do latín falado no noroeste da Península Ibérica, pero como se foi formando ao longo do tempo? Neste vídeo divulgativo (3´ 48´´) descubrirás de xeito ameno cal foi a evolución histórica do noso idioma ao longo dos séculos, e que pegada deixaron no galego as diferentes linguas coas que entrou en contacto.

A peza, con guión de Laura Filloy e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.

Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
3 minutos e 48 segundos
Entidades
Creación: Gciencia
Etiquetas