Atrévete a pescudar con elas! 2024 | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Atrévete a pescudar con elas! 2024

Descrición Vídeo divulgativo (11´ 12´´), dirixido a alumnado de educación secundaria, elaborado pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña para conmemorar o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia no ano 2024. Nesta edición diferentes investigadoras da UDC (dos ámbitos das ciencias dos materiais, da psicopedagoxía, da actividade física e o deporte, da enfermaría, da enxeñaría industrial e da historia) fálannos da súa traxectoria científica e vital, co obxectivo de incentivar a vocación investigadora e científica, nomeadamente entre as nenas.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
11 minutos e 12 segundos
Entidades
Creación: Universidade da Coruña
Etiquetas