Día do Científico Galego 2008-2012 | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Día do Científico Galego 2008-2012

Descrición Vídeo divulgativo (7´ 04´´) no que se explica a xénese e mais a finalidade da conmemoración do “Día do Científico Galego” e se fai unha breve presentación dos diferentes científicos homenaxeados no período 2008-2012: o matemático Enrique Vidal Abascal; o químico e xeólogo Isidro Parga Pondal; o enxeñeiro agrónomo e xenetista Cruz Galléstegui Unamuno; o matemático e astrónomo Ramón María Aller Ulloa; e o químico, médico e farmacéutico Antonio Casares Rodríguez.

A peza está elaborada pola Fundación Barrié, en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
7 minutos e 4 segundos
Entidades
Creación: Fundación Barrié de la Maza
Creación: Real Academia Galega de Ciencias