G de Galegas: mulleres con poder no Reino de Galicia | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

G de Galegas: mulleres con poder no Reino de Galicia

Elena Martín (autoría) · Alba Tomé (autoría)
Descrición Teresa de Zúñiga foi unha muller cun importante peso social durante a rebelión irmandiña e María Pimentel de Castro denunciou perante os Reis Católicos os malos tratos do seu marido. Son só dous exemplos que demostran que, malia que foran ocultadas nos libros de historia, tamén houbo mulleres poderosas no Reino de Galicia. Neste vídeo divulgativo (3´ 42´´) descubrirás como nunha sociedade radicalmente patriarcal como a da Idade Media, algunhas mulleres conseguiron tomar as rendas da súa vida e gobernar o seu destino.

A peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
3 minutos e 42 segundos
Entidades
Creación: Gciencia
Etiquetas