A beleza no cotián | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A beleza no cotián

Descrición A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é unha proposta de innovación educativa na que se optimizan os procesos de ensino-aprendizaxe, se favorece a adquisición de competencias profesionais e e se fortalece o compromiso cívico-social coa comunidade. Neste vídeo divulgativo (2´ 44´´) Francisco Conde, profesor na Facultade de Filosofía da USC, preséntanos o proxecto baseado na ApS “A beleza no cotián”, deseñado para que o alumnado da materia de “Introdución á estética” reflexione sobre as principais cuestións teóricas da estética (beleza, sublime, relatividade do gusto, fronteira entre o agradable/estético, relación estética/política etc.) mediante a prestación dun servizo á comunidade, que consiste en elaborar unha cartografía estética da cidade de Santiago de Compostela.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 44 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela
Etiquetas