I de ‘Inventio’: como o descubrimento da tumba do Apóstolo fixo marca Galicia | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

I de ‘Inventio’: como o descubrimento da tumba do Apóstolo fixo marca Galicia

Elena Martín (autoría) · Alba Tomé (autoría)
Descrición O descubrimento da tumba do apóstolo Santiago foi un dos grandes acontecementos do Reino de Galicia, tanto pola súa transcendencia histórica e relixiosa, como pola súa repercusión económica, pois marcou o comezo da peregrinación xacobea. Neste vídeo divulgativo (3´ 29´´) cóntannos de xeito ameno como aconteceu a “inventio” (termo latino empregado na Idade Media para facer alusión a unha revelación divina que provocaba o achado dun corpo santo).

A peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
3 minutos e 29 segundos
Entidades
Creación: Gciencia
Etiquetas