Z de Zas: unha ponte (medieval) á arquitectura do pasado / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector

Z de Zas: unha ponte (medieval) á arquitectura do pasado

Descrición
A ponte de Brandomil (Zas), de base romana e construción medieval, é un dos moitos exemplos do rico patrimonio arquitectónico que podemos atopar ao longo do país. Saberías identificar as obras máis representativas do medievo galego?
Neste vídeo divulgativo ( 3´ 05´´) Laura Filloy convídanos a facer un breve percorrido por Galicia para coñecelas. Estas serán as paradas do itinerario: catedral de Santiago de Compostela, igrexa de Santa Comba de Bande e capela de San Miguel de Celanova.

Esta peza, con guión de Laura Filloy e edición de Elena Martín, é a última entrega da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Metadatos
  • autoría:
  • Tipo de material: Vídeo. Remoto. Youtube
  • Medidas: 3 minutos e 5 segundos
  • Etiquetas:
  • Entidades:
    Creación:Gciencia