Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

María Piñeiro (autoría) · Miguel Sardo (autoría)
Descrición Na nosa cultura tradicional é habitual poñer a roupa ao clareo, co obxectivo de que a enerxía do Sol actúe como desinfectante natural eliminando esa cor amarela que provocan os fungos e bacterias. Terá algunha base científica esta técnica? José Ángel Docobo, catedrático de Astronomía da USC, fálanos neste vídeo (5´) da radiación ultravioleta e resolve esta cuestión. Así mesmo, aproveita a ocasión para anunciarnos que o 12 de agosto de 2026 se vai producir unha eclipse total de Sol, polo que lembra cales son as precaucións que a cidadanía debe tomar para observala.

A peza, elaborada por María Piñeiro e Miguel Sardo, forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
5 minutos
Entidades
Creación: Gciencia
Etiquetas