Material
Proxector
A muller galega na Idade Moderna
Descrición
Nesta entrevista (22´ 23´´) Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna na USC, reflexiona desde a perspectiva de xénero sobre diferentes aspectos da Galicia moderna: o fenómeno migratorio, a imaxe das galegas na literatura, a taxa de ilexitimidade, as feiras como espazo de socialización e a visibilidade das mulleres nas fontes documentais. Para rematar fálanos da introdución da perspectiva de xénero nos actuais plans de estudos universitarios e sobre como mellorar a divulgación de contidos históricos.A peza, elaborada por Mazarelos Coop, forma parte do ciclo de entrevistas divulgativas Baixa á praza, onde diferentes expertas reflexionan, desde distintas prazas de Santiago de Compostela, sobre elementos da historia e a memoria de Galicia.


