L de Lírica: 'morrer de amor' e insultar con elegancia no Reino de Galicia | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

L de Lírica: 'morrer de amor' e insultar con elegancia no Reino de Galicia

Elena Martín (autoría) · Alba Tomé (autoría)
Descrición Sabías que a expresión “morrer de amor” procede dun tópico literario moi empregado na lírica provenzal para falar do amor cortés e do amor non correspondido? Neste vídeo divulgativo (3´ 11´´) Alba Tomé fálanos da lírica galego-portuguesa e dos seus principais xéneros: as cantigas de amor, as cantigas de amigo, as cantigas de escarnio e as cantigas de Santa María.

Esta peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
3 minutos e 11 segundos
Entidades
Creación: Gciencia
Etiquetas