Arquivos e historia local | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Arquivos e historia local

Ángel Arcay Barral (autoría)
Descrición Ángel Arcay Barral, director da Biblioteca e Arquivo Municipal de Betanzos e do Museo das Mariñas, fálanos nesta entrevista (17´ 19´´) das funcións dos arquivos municipais e da súa contribución á educación, á cultura e á investigación da historia local. Tamén nos achega a unha figura xurídica que aparece nos protocolos notariais: a das mulleres espontaneadas (procedemento polo que unha muller solteira declaraba o seu embarazo).

A peza, elaborada por Mazarelos Coop, forma parte do ciclo de entrevistas divulgativas Baixa á praza, onde diferentes expertas reflexionan, desde distintas prazas de Santiago de Compostela, sobre elementos da historia e a memoria de Galicia.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
17 minutos e 19 segundos
Entidades
Creación: Mazarelos Coop
Etiquetas